martes, 26 de enero de 2010

Grandes viaxes, viaxeiros e exploradores

Saímos de viaxe

Mañá na clase de Proxecto Interdisciplinar imos organizarnos en grupos de 3 e escolleremos un destes temas para cada grupo:
  1. Exploración de África: Livingstone e Stanley
  2. As rutas cara Oriente As viaxes de Marco Polo. A ruta da seda
  3. A conquista do aire. Vós transoceánicos: Lindbergh e Amelea Earhart
  4. As grandes viaxeiras da natureza: Aves migratorias
  5. A conquista dos Polos: Amudsen, Scott, Peary, Shackleton
  6. A primeira circunnavegación: A viaxe de Magallanes/ Elcano
  7. As viaxes de investigación científica: Darwin
  8. As grandes peregrinacións: O camiño de Santiago
  9. O descobrimento de América: Colón
  10. Grandes viaxeiros de ficción: As obras de Jules Verne
  11. As rutas sobre raíles: O Transiberiano, o Orient Express
  12. A exploración das antípodas: James Cook
  13. As viaxes espaciais: Programa Apollo, Voyager...
O primeiro que faremos será unha lista cada grupo co que xa sabemos e o que non sabemos sobre o tema asignado, e un esquema gráfico sobre un papel coas ideas que se nos ocorren relacionadas, que nos valerán para facer unha primeira aproximación ó esquema do traballo.

Se nos chega o tempo, o segundo paso será buscar as primeiras fontes de información (enciclopedias, atlas, etc.) que nos aportarán os primeiros datos, cos que xa podemos ir perfilando o esquema. Non esquezades anotar as fontes de información visitadas, tanto se son libros, enciclopedia multimedia ou internet. Podedes usar a vosa conta de google para crear un documento con estas anotacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario