martes, 6 de abril de 2010

Pódiums da olimpiada 2010



O venres, antes de irnos de vacacións, tivo lugar na biblioteca o triple desempate dos tres primeiros equipos da categoría genius. a proba consistíu nun xogo no que os equipos tiñan un tempo máximo de dous minutos para responder nomes e cousas que empezaran cunha letra determinada, en diferentes categorías, tales como animais, prendas de vestir, cidades, personaxes, etc.

O resultado foi o seguinte:
  • 1º clasificados: GAIA
  • 2º clasificados: LEDEBURITA
  • 3º clasificados: ATIGUA
...E ademais de desempatar, pasamos un bo rato.

O pódium da categoría JUNIOR queda formado por
  • 1º clasificados: EGA
  • 2º clasificados: JHV
  • 3º clasificados: ZUKI ZUKI

martes, 23 de marzo de 2010

Triple desempate



Tal como indicamos onte, na categoría Genius, por primeira vez producíuse un empate triple entre os tres primeiros clasificados. O desempate terá lugar na biblioteca o vindeiro venres, 26/3/2010 durante o primeiro recreo da mañá, entre as 10:10 e as 10:30

lunes, 22 de marzo de 2010

Clasificación da OLIMPIADA CULTURAL 2010


Xa temos a puntuación final desta edición da olimpiada cultural.
Felicitacións a todos os que continuáchedes a participar ata o final, amosando unha gran deportividade, e por suposto moi especialmente ós gañadores.
Destacamos varias cousas:
En primeiro lugar, a gran e continuada participación dos equipos da categoría junior, que estivo moi igualada ata o final, e na que os comodíns foron unha peza clave.
Contamos cunha moi boa participación de equipos de ciclos formativos, con dous deles nos tres primeiros postos da clasificación. Noraboa
Por último, un feito que se producíu por primeira vez na historia da nosa olimpiada: Un triple empate nos tres primeiros postos na categoría genius. Para o desempate haberá unha proba pública que se anunciará neste blog e na biblioteca. Estade atentos.

lunes, 8 de marzo de 2010

Terremoto en Chile e Congreso Iberoamericano de Literatura

Ademais de solidarizarnos dende o noso instituto coa terrible traxedia do pobo chileno queremos tamén facer mención da importancia que para nós tiña o I Congreso Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil, porque entre outras cousas, nel recoñécense dúas obras de autores galegos entre as mellores de literatura do século XX adicadas ó público xove.

Desgraciadamente, o terrible terremoto eclipsou totalmente esta noticia, que nós quixemos rescatar con vida de entre os escombros informativos.

Velaquí un par de noticias de prensa:

“Sábado, 27 de Febrero del 2010
Se suspende el Congreso Iberoamericano de Literatura
La Dirección de Bibliotecas, Archivos y Museos (DIBAM) y la Fundación SM, organizadores del I Congreso Iberoamericano de Lengua y Literatura Infantil y Juvenil de Chile, han decidido su suspensión en solidaridad con los afectados por el terremoto que la pasada madrugada ha sufrido el país. El I Congreso Iberoamericano de Lengua y Literatura Infantil y Juvenil que se inauguró el pasado jueves en Santiago de Chile y tenía previsto terminar hoy con las últimas ponencias y varios actos culturales. "

Diario iberoamericano Los Tiempos (www.lostiempos.com)

"Escollen obras de Fernández Paz e Docampo entre as once mellores do século XX
Son dúas das once mellores obras do século XX escritas para os lectores máis novos. Unha comisión do I Congreso Iberoamericano de Lingua e Literatura Infantil e Xuvenil que se vai celebrar a finais deste mes en Santiago de Chile seleccionou estas obras, que son as únicas que non foron escritas orixinalmente en castelán. "

Diario O xornal de Galicia (www.xornal.com)

Esas dúas obras son:

Contos por palabras de Agustín Fernández Paz

Cando petan na porta pola noite de Xabier Docampo

Noraboa ós dous escritores

viernes, 29 de enero de 2010

30 de Xaneiro. Día da paz


3O De XANEIRO DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro de 1948, mentres se dirixía ao seu habitual rezo da tarde, foi asasinado "Mahatma" Gandhi por un grupo extremista hindú.
Pola importancia de Gandhi no camiño cara a outro mundo posible, esa data foi elixida polas Nacións Unidas como día mundial para conmemorar o Día da Paz.
Unha das súas frases máis soadas di así:


"Case todo o que faga na vida será insignificante, pero é moi importante que o faga."


Por iso aínda que todo o que fagamos neste día poida parecer insignificante, é importante que o fagamos de igual modo

jueves, 28 de enero de 2010

Morre J.D. Salinger





Jerome David Salinger (Nueva York,1 de enero de1919 -Nuevo Hampshire,27 de enero de2010) foi un escritor estadounidense coñecido principalmente pola súa novela O vixía entre el centeo que se converteu nun clásico da literatura moderna estadounidense.
Salinger era fillo de Jerome David Salinger, un comerciante xudeu. Creceu en Manhattan e fixo tres anos de estudios na Academia Militar de Pensilvania.
En 1939 asistiu a un curso de narrativa curta a Universidade de Columbia.

1940 publicou ademais dous capítulos do que posteriormente sería O vixía entre o centeo, antes de alistarse como voluntario para combater na Segunda Guerra Mundial. Participou no desembarco aliado en Normandía (1944) como soldado de infantaría e durante os seus primeiros meses en Europa escribiu algúns contos; testemuña dos horrores do combate, estes feitos deixáronlle unha profunda pegada emocional.




O vixía entre o centeo, a súa primeira novela curta, foi publicada en 1951 e fíxose moi popular entre os críticos e novos. A historia nárraa, en primeira persoa,Holden Caulfield, un adolescente rebelde, inadaptado e inmaturo, pero de gran perspicacia. Dise da novela que é a única que soubo captar o que é aadolescencia con todas as súas contradicións.
















OBRA

• O vixía entre l centeo (1951)
• Nueve cuentos (1953)
• Franny y Zooey (1961)
• Levantad, carpinteros, la viga del tejado y Seymour: una introducción (1963)

martes, 26 de enero de 2010

Grandes viaxes, viaxeiros e exploradores

Saímos de viaxe

Mañá na clase de Proxecto Interdisciplinar imos organizarnos en grupos de 3 e escolleremos un destes temas para cada grupo:
  1. Exploración de África: Livingstone e Stanley
  2. As rutas cara Oriente As viaxes de Marco Polo. A ruta da seda
  3. A conquista do aire. Vós transoceánicos: Lindbergh e Amelea Earhart
  4. As grandes viaxeiras da natureza: Aves migratorias
  5. A conquista dos Polos: Amudsen, Scott, Peary, Shackleton
  6. A primeira circunnavegación: A viaxe de Magallanes/ Elcano
  7. As viaxes de investigación científica: Darwin
  8. As grandes peregrinacións: O camiño de Santiago
  9. O descobrimento de América: Colón
  10. Grandes viaxeiros de ficción: As obras de Jules Verne
  11. As rutas sobre raíles: O Transiberiano, o Orient Express
  12. A exploración das antípodas: James Cook
  13. As viaxes espaciais: Programa Apollo, Voyager...
O primeiro que faremos será unha lista cada grupo co que xa sabemos e o que non sabemos sobre o tema asignado, e un esquema gráfico sobre un papel coas ideas que se nos ocorren relacionadas, que nos valerán para facer unha primeira aproximación ó esquema do traballo.

Se nos chega o tempo, o segundo paso será buscar as primeiras fontes de información (enciclopedias, atlas, etc.) que nos aportarán os primeiros datos, cos que xa podemos ir perfilando o esquema. Non esquezades anotar as fontes de información visitadas, tanto se son libros, enciclopedia multimedia ou internet. Podedes usar a vosa conta de google para crear un documento con estas anotacións.